José Juán Santos, candidato de Marea Veciñal por Culleredo – A xestión municipal e os servizos á cidadanía
A finalidade da xestión municipal debe ser a mellora da calidade de vida dos habitantes do Concello, e o exercicio pleno dos seus dereitos, lográndose mediante o incremento da calidade na cobertura dos servizos e a creación de condicións favorables para fortalecer tanto o capital humano como social do Concello. A Marea Veciñal aposta por…
Raúl Moreno Pradana, candidato de Marea Veciñal por Culleredo – A Cultura
A cultura sempre xoga un papel fundamental nunha sociedade viva porque é a principal vía de comunicación transxeneracional. É o patrimonio común máis importante que temos e a forma en que as xeracións pasadas se comunican con nós e na que nós nos comunicamos coas xeracións futuras. Por iso é tan importante: porque a través…
María Xesús Veira, candidata da Marea Veciñal en Culleredo – A infancia
En España a pobreza infantil afecta a 1 de cada 3 nenos e nenas. ¡1 de cada 3! É unha barbaridade. As consecuencias son terribles para eles porque provoca fracaso escolar, falta de sitios seguros onde xogar, unha maior exposición á violencia, falta de calefacción en inverno e polo tanto problemas de saúde. A longo…
A nosa proposta para novas zonas de desfrute acuático no paseo marítimo do Burgo
A contaminación da ría do Burgo non permite que as súas augas sexan aptas para o baño, pero para o noso concello é o punto de conexión co mar. Por elo propoñemos que se realicen tres tipos de instalacións de desfrute acuático ao longo do paseo marítimo para así poder refrescarse no verán, ou coidarse…
A nosa proposta de transporte público
A nosa proposta de transporte público basease en tres proxectos complementarios: O transporte público sostible foi sempre unha das nosas principais preocupacións, por iso no ano 2016 propuximos para o proxecto con financiación europea DUSI implantar un sistema de transporte ecolóxico que conectase todo o municipio, con un sistema baixo demanda, que se puidese solicitar…
José Juan Santos – O comercio de proximidade
O comercio de proximidade xera emprego, vertebra o concello, e permite o abastecemento das persoas con reducida mobilidade. Por iso é preciso contar cos comerciantes e as súas asociacións ademais de establecer actuacións tales como as peatonalizacións dalgunhas rúas, a regulación do estacionamento ou a elaboración dunha normativa de carga e descarga. A promoción do…
Encontro aberto coa veciñanza de Sueiro
Hoxe luns, a Marea Veciñal organizou unha xuntanza aberta na parroquia de Sueiro co obxectivo de escoitar as queixas e suxestións da veciñanza. De entre todos os puntos que se falaron destacamos os seguintes: O mal estado das estradas que comunican á parroquia e tamén das que comunican Sueiro con outras parroquias contiguas. O olvido…
Isidro Taibo – O transporte en Culleredo
É preciso reordenar o transporte subvencionado polo concello, máis coñecido como “bus pequeno” para que poida dar servizo a todas as parroquias de Culleredo. Negociar coa Xunta de Galicia, que ten as competencias, un transporte público de calidade co que a xente de Culleredo poida estar ben comunicada cos polígonos industriais de Culleredo e Alvedro…
Pegada inaugural de carteis
A Marea Veciñal comezou a campaña electoral municipal coa pegada inaugural de carteis no Burgo e Fonteculler. Imos a esforzarnos co obxectivo de facer unha campaña para e por un Culleredo mellor.
Presentación da candidatura de Marea Veciñal para as eleccións municipais de Culleredo do 2019
O venres 5 de Maio tivo lugar no Hotel Crunia a presentación da nosa candidatura para as eleccións municipais de Culleredo do 2019. Ademais de presentar a cada unha das persoas que integran a lista, quixemos dar a coñecer a toda veciñanza alí congregada os puntos fundamentais do noso programa electoral e respostamos a todas…