Villares defende a sanidade pública galega

Luís Villares: “Feijóo dinamitou a sanidade pública galega e causou moitísimo sufrimento”

normal.img_20160901_112116-1

 

Recuperar a xestión completa do Álvaro Cunqueiro, a utilización integra do hospital do Meixoeiro, a reapertura de camas ou elaboración dun plan urxente para a redución das listas de espera son algunhas das medidas que o goberno de En Marea porá en marcha en Galicia. Trasladaronas hoxe o candidato á presidencia da Xunta, Luís Villares, e a número 3 da candidatura por Pontevedra, Eva Solla, nun encontro coa xunta de persoal do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Villares asegurou que “Feijóo é a dinamita da sanidade pública galega” xa que “destruíu completamente o sistema sanitario público causando moitísimo sufrimento á xente, que deixou de recibir tratamentos ao que tiña dereito, que padece listas de espera”.

“Desde En Marea queremos transmitir a garantía do dereito á saúde e o dereito ao acceso universal ao servizo. Entre as nosas prioridades de goberno está recuperar para o control público toda a sanidade que foi destruída e privatizada polo goberno de Núñez Feijóo” comprometeuse o candidato á presidencia da Xunta de Galicia.

Máis sobre esta nova.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s