Acordo da MVC co Goberno local PSOE para os orzamentos de Culleredo 2017

O goberno local de Culleredo, PSOE, firma un acordo coa Marea Veciñal de Culleredo para sacar adiante os orzamentos municipais do 2017.

O alcalde, Julio Sacristán, e o portavoz da Marea Veciñal de Culleredo, José Juan Santos Iglesias, explicaron as partidas asignadas para a xestión deste exercicio e as negociacións levadas a cabo ata lograr un acordo que permitirá ó Goberno local aprobar o proxecto económico no pleno do vindeiro xoves sen a necesidade de negociar cos demáis grupos municipais.

 

This slideshow requires JavaScript.

A razón de este acordo entre ambas formacións é debida ós resultados das últimas eleccións municipais en Culleredo, na que os cullerdenses decidiron non dar apoio maioritario a ningún dos partidos políticos. Tanto o PSOE como MVC consideran que é unha obriga de todos conseguir o mellor funcionamento posible do Concello, evitando a súa paralización, xa que da parálise administrativa os únicos perxudicados son os veciños/as.

Conscientes delo, os grupos municipais do PSdeG-PSOE e a Marea Veciñal de Culleredo, acadan un amplo acordo que se explicita a continuación con carácter xeral:
1. Impulsar un pacto amplo con todos os grupos políticos con representación municipal, empresarios/as, sindicatos e entidades sociais para a defensa e promoción da Economía Local e potenciación dun Plan de Emprego, comezando pola Administración Local.
2. Establecer e fomentar estratexias de fomento e promoción do comercio e Turismo Locais, este último imbricado dentro das estratexias que se poidan desenvolver dende a Área Metropolitana e dende a Reserva da Biosfera.
3. Poñer en marcha políticas para a mocidade, que melloren a súa capacitación e nivel de autoemprego ou de emprego.
4. Apostar pola posta en funcionamento da Área Metropolitana como motor da coordinación e cooperación no desenvolvemento sostible e da mobilidade sustentable.
5. O compromiso do funcionamento dos órganos de Participación creados, mellorar a información pública e reforzar a transparencia municipal.
6. A pactar os orzamentos municipais, o plan Plus + provincial de 2017, e o Plan DUSI.”

O seguinte documento amosa o acordo entre ambas partes e explica con detalle as liñas de actuación dos dous grupos municipales.

Acordo orzamentos Culleredo 2017 MVC – PSOE

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s