Comeza a execución da obra para cubrir e renovar o parque infantil de Ledoño, presupostada en 95,442,37 euros.

Dende a Marea Veciñal gustaríanos que os parques continúen a ser os centros de reunión dos cativos e dos seus pais, nos que poidan interrelacionarse  e sociabilizar entre eles e disfrutar, por qué non, dos entornos naturais que ofrecen. Por ese motivo, a MVC presentou varias propostas, incluídas xa nos orzamentos do 2017, para arranxar e millorar algúns dos parques infantís de Culleredo.

O proxecto de millora do parque infantil de Ledoño xurdiu dunha proposta da Marea Veciñal feita ao Concello, fiel a sua vocación de servizo público adicado a todos os Cullerdenses e en base a un dos puntos recollidos no seu programa, no que se aposta pola renovación e millora constante da infraestrutura no término municipal co obxetivo de millorar o benestar dos veciños de Culleredo.

Este proxecto que foi licitado no 13/07/2016 cun custo de 95.442,37 euros ten como obxetivo realizar as obras necesarias que arranxen as deficiencias actuais e permitan garantir un millor servizo para cubrir as necesidades existentes. Ver características técnicas do proxecto.

Actualmente o pavimento deste parque infantil, cunha superfie de 149m2, está cuberto de area e encóntrase delimitado por un bordillo de madeira. A idea é a de sustituir ese pavimento actual de area, moi perigoso para os cativos, por caucho continuo en toda a superficie de diferentes cores que o fagan máis atractivo para os pequenos.
Sustituindo o bordillo de madeira instalarase un bordillo de “ecotraviesa” ao redor de todo o parque.

Os xogos instalados actualmente (un columpio dobre, unha estrutura multixogo, un balancín de muelle, dous muelles individuais e un muelle cuádrupe tipo flor) están envellecidos polo que é necesario reparalos, na medida que se poida, ainda que compre a instalación de novos xogos.
Instalarase ademáis un novo panel informativo de HPL cun vinilo, no que se informe das normas de uso, así como dosnúmeros de emerxencias e centros de salúde aos que acudir en caso de accidente.

O máis interesante deste proxecto é a instalación dunha cuberta ao longo de todo o parque feita con placa de policarbonato compacta pintada en diferentes cores, que permitirá o disfrute do parque durante máis tempo ao longo do ano, cousa de agradecer aquí en Galicia.

Pódese ver toda a información oficial deste proxecto na páxina web do perfil de contratante do Concello de Culleredo ou dende a páxina de Contratación do Estado do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Máis información da nova.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s