Mocións a presentar pola MVC sobre o debate do estado do municipio do pasado mes de decembro de 2016.

A Marea Veciñal de Culleredo presentará no pleno de hoxe día 23 de febrero de 2017, a través do portavoz do grupo municipal José Juan Santos, as mocións resultado do debate do estado do municipio do pasado mes de decembro de 2016. As propostas presentadas son as seguintes:

  1. Elaboración dun plan de emprego local: Aínda que un Concello non ten as ferramentas nin as competencias para poder acabar coa lacra do paro, a situación do mercado laboral obríganos a poñer en marcha unha serie de iniciativas que permitan enfocar o desemprego como un escenario no que interactúen, xunto con outros actores, as empresas e as persoas en procura de emprego. Por elo propoñemos que se tomen as medidas necesarias para a elaboración dun plan de emprego local, co obxectivo de millorar as ferramentas de acceso ao mercado de traballo das persoas desempregadas e aumentar o coñecemento das empresas respecto dos recursos humanos existentes na súa contorna, defendendo a economía local.
  2. Elaboración dun plan de Turismo: O Concello de Culleredo non se pode considerar como un Concello turístico como tal, xa que non dispón de praias, ou casco histórico, un elemento etnográfico ou un gran museo que o faga polo de atracción turística de grandes masas, polo que a certos niveis non podemos competir. Pero hai outros niveis e para algúns turistas, cada vez mais, que fuxen do turismo de sol el praia, que buscan outros valores de natureza, tranquilidade, paisaxe, montaña, podemos xogar un papel complementario na área xeográfica na que nos atopamos da Reserva da Biosfera. Para elo necesitamos definir un Plan de Turismo Municipal que busque a complementariedade ao sol e praia e poña en valor os elementos naturais, etnográficos e actividades que dan a coñecer eses valores, a través da contratación dunha empresa dinamizadora do mesmo.
  3. Elaboración dun estudo dende Servizos Sociais: sobre a demanda e a atención recibida: Para coñecer se a demanda está ben cuberta necesitamos dispoñer de datos que nos permitan avaliar economicamente as cantidades recollidas para estes fins nos orzamentos e si fora necesario adoptar medidas complementarias. Por elo proponse elaborar un estudo dende os Servizos Sociais sobre o número de cidadáns que necesita os recursos por calquera causa, o número dos que xa dispoñen dos recursos, e os posibles recursos a maiores que habería que implementar para que todas as persoas con problemas de vulnerabilidade ou de atención sociosanitaria teñan unha boa atención.
  4. Plan de traballo e actividades dirixidas aos xoves: Ainda que tradicionalmente o Concello de Culleredo, ven desenvolvendo políticas para os xoves, ben a través de cursos de formación ou de escolas taller, obradoiros de emprego de conferencia e charlas nos colexios, festivais, etc, nos últimos catro anos, non sabemos si como consecuencia da crise económica ou por outras razóns, notamos un descenso nas actividades, para xente xove no Concello. Por elo propoñemos que o Concello presente no prazo de dous meses un Plan de Traballo e de Actividades dirixido os xoves. 
  5. Transparencia municipal: Instar a que os mecanismos de participación e transparencia funcionen correctamente: O Concello de Culleredo puxo en funcionamento o Portal de Transparencia Municipal, e foi pioneiro en aprobar un regulamento de participación cidadá, pero pensamos que non é suficiente con poñelos en funcionamento se non se dotan de contidos e permanecen inamovibles. Tampouco chega con crear os Consellos Sectoriais se non se reúnen coa asiduidade prevista. Por elo queremos que se dispoña o necesario para que o Portal de Transparencia, o Perfil do Contratante e os Consellos Sectoriais, funcionen correctamente.
  6. Plan de mobilidade sustentable: O tráfico é a segunda fonte de emisión de gases de efecto invernadoiro en Culleredo e o sistema actual de mobilidade, baseado no uso predominante do vehículo privado un dos aspectos da vida urbana que maiores impactos ambientais e sociais ocasiona. A repercusión do modelo de mobilidade sobre a calidade de vida dos cidadáns é de gran importancia xa que afecta a unha ampla variedade de aspectos, tanto de índole ambiental como social: a calidade do aire,a calidade do espazo público, a seguridade, a saúde e a integración social son algúns deles. Proponse polo tanto a elaboración dun plan de mobilidade sustentable para o concello de Culleredo, baseado nos seguintes puntos:

Deseño dunha proposta integrada para os diferentes modos de mobilidade.

Adecuación do espazo público en relación coas distintas tipoloxías de mobilidade.

Establecemento das metodoloxías de traballo e das ferramentas informáticas, estadísticas, de xestión da información e da participación cidadá, necesarias para o desenvolvemento, postas en práctica e seguimento das determinacións do plan.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s