Renovación e ampliación dos parques infantis Isaac Diaz Pardo e Sofía Casanova.

Para a Marea Veciñal de Culleredo é moi importante que as rapazas e rapaces de Culleredo poidan disfrutar dunhas instalacións educativas no mellor estado posible. Ao recibir queixas da veciñanza en xeral sobre o estado de mantemento e a falta de seguridade dalgúns dos parques infantís dos nosos colexios públicos, a Marea Veciñal asegurouse que no exercicio 2016 que remata agora estivesen consignadas estas obras a través dos plans de obras e servizos da Deputación (PAS, POS e PAI), en concreto dos colexios Isaac Díaz Pardo e Sofía Casanova, e se insistiu continuamente e en numerosas comisións informativas de que estas obras non quedasen no olvido e se executasen.

Finalmente o traballo realizado ve os seus froitos e estamos moi satisfeitos de que as nenas e nenos poidan disfrutar deles, sobre todo con seguridade e sen as deficiencias que tiñan ate o de agora.

A marea veciñal solicitou no exercicio 2016 estas e outras obras dentro do marco dos plans POS, PAS e PAI da Deputación de A Coruña, grazas aos cales foi posible obter as subvencións para a execución das mesmas. Ver documento completo presentado pola marea con todas as obras solicitadas para o 2016 dentro dos plans POS, PAS e PAI.

Renovación de patio CEIP Sofía Casanova

O principal inconvinte que presentaba este parque infantil era a excesiva cantidade de area que se acumulaba tanto no propio patio como nos sumideiros de pluviais, feito que constituía un problema sistemático nas instalacións de pluviais que se atascaban e arrastraban a area cara os coletores de pluviais.
Hai que ter en conta tamén que non todos os xogos instalados neste parque infantil eran adoitados para os pequechos que alí xogaban e que o estado dos mesmos non era o máis desexable debido o paso do tempo e o uso.

Analizados os problemas do parque infantil  executáronse unha serie de obras para solventar os mesmos e millorar o estado do parque:

  • Por unha banda retíranse os xogos instalados actualmente para a sua restauración mediante limpeza xeral, lixado e pintado (un tobogán, un sube-baixa, tres muelles e duas trepas). Finalizada a reparación instálanse de novo os xogos restaurados agás aqueles xogos non adoitados para os cativos que son retirados definitivamente e sustuídos por outros xogos máis adatadoa ás idades de Educación infantil.
  • Por outra banda faise unha limpeza xeral de toda a zona mediante hidrolimpiadora, incluidos todos os sumideiros e sustitúese a area por pavimento continuo de seguridade.

Documentación técnica completa do proxecto.

 

Renovación patio CEIP Isaac Díaz pardo

O principal problema que presentaba este parque infantil era a excesiva cantidade de area que se acumulaba no propio patio e a trepa cuadrada que cada pouco tempo tiña que ser arranxada.

Analizados os problemas do parque infantil  executáronse unha serie de obras para solventar os mesmos e millorar o estado do parque:

  • Por unha banda retíranse os xogos instalados actualmente para a sua restauración mediante limpeza xeral, lixado e pintado. Finalizada a reparación instálanse de novo os xogos restaurados agás a trepa cuadrada que se retira definitivamente e é sustuida por outro xogo máis adatado ás idades de Educación infantil.
  • Por outra banda extráese a area e retírase o pavimento actual (losetas de caucho). Constrúese unha solera de formigón para ampliación do patio (72m2), instálase ademáis pavimento de seguridade en sustitución da area en todas as zonas de seguridade do parque  e colócase céspede artificial na contorna do patio (380m2) coa formación dun borde mediante travesas de madeira.

Documentación técnica completa do proxecto.

Ver máis información na páxina web do perfil do contratante

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s