A Marea Veciñal reclama ao Bispado que non instale unha antena de telefonía mobil en Vilaboa.

Segundo a información da que dispón a Marea Veciñal de Culleredo, o Bispado, ao que pertence a Igrexa de Vilaboa, ante a situación ruinosa da súa torre, para a cal hai unha orde de demolición dende patrimonio, tomou a decisión de negociar con unha operadora de telefonía mobil a instalación dunha antena a cambio da reparación da mesma, sendo a súa cobertura prevista soamente do contorno da igrexa.

Polo momento o Bispado non ten cursada a solicitude de licencia no concello para facer esta instalación, se ben o concello ten que seguir os criterios establecidos na normativa vixente para concedela, como a proximidade de outras antenas xa esistentes ou a adecuación da súa potencia.

Pero aínda que a lei poida permitir a esistencia ou non de esta antena, dende a Marea Vecinal de Culleredo entendemos que a proximidade dunha zona de xogos infantís, por moi baixa que sexa a súa potencia de emisión, é perxudicial, sobre todo tendo coñecemento de que non hai problemas de cobertura nesta zona. Polo tanto, e ante a alarma social que se pode producir, demandamos do bispado e da comunidade católica en xeral, que faga honor o que predica e antepoña a saude dos rapaces e da cidadanía en xeral ante os beneficios económicos, e que busque outras saídas para solucionar o problema da torre da igrexa de Vilaboa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s