O Concello de Culleredo destinará parte do remanente de tesorería a liquidar toda a débeda.

Tal e como lle exixiu a Marea Veciñal ao Goberno local co obxectivo de dar o seu apoio para a aprobación  dos Orzamentos do 2017,  o vindeiro Xoves, día 29 de Xuño a administración local adoitará en pleno un feito histórico.
“A consecución dos bos resultados económicos acadados nos últimos anos vai permitir ao Goberno local optar pola cancelación do 100% da débeda bancaria, situación que non se acadou nos últimos corenta años”.
A débeda bancaria estaba fixada, a 1 de Xaneiro de 2017, en 1.672.261,97 euros. O alcalde, Julio Sacristán, sinalou que a débeda bancaria quedaría amortizada a finales de 2018. Sen embargo, grazas ao remanente de tesorería de 6.970.922,60 euros, o equipo de goberno decidiu adiantar un ano a liquidación do crédito.

O Goberno local destacou que o acordo adotado coa Marea Veciñal de Culleredo para a aprobación dos orzamentos municipais foi “fundamental” para levar a cabo este “exixente” plan de inversións e a amortización da débeda.

A proposta, que se elevará ao pleno, consistirá en aprobar un expediente de crédito para adicar 1.247.098,78 euros do remanente á amortización da débeda. A cuantía restante ata os 1.672.261,97 euros xa estaba contemplada nos orzamentos municipais deste año.

A decisión de cancelar a débeda bancaria faise tendo enconta ademáis que o volumen de inversión contemplado polo Concello superará ampliamente o dos anos anteriores, grazas ás inversións propias e das previstas a través do plan Edusi.

Máis información aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s