Acordo de Orzamentos municipais para o 2018 entre Marea Veciñal e o PSOE de Culleredo.

O acordo asinado entre o Executivo Local de Culleredo e a Marea Veciñal é exclusivamente un pacto puntual para aprobar os Orzamentos municipais do 2018, que require unha comisión de seguimento, formada por membros de ambos grupos, que velará polo cumprimento dos compromisos asumidos por mor do acordo.

Pódese ver o acordo completo neste documento.

Image

A ausencia dunha maioría politica no goberno fai necesario un compromiso real e efetivo entre os dous grupos municipais electos para manter o bo funcionamento do Concello e evitar así a paralización dos servizos que o Concello de Culleredo ten que ofrecerlle aos seus cidadáns.

 

A nivel xeral, os temas de actuación do acordo dos Orzamentos para este ano 2018 son os seguintes:

  1. Impulsar un pacto amplo con todos os grupos políticos con representación municipal, empresarios/as, sindicatos e entidades sociais para a defensa e promoción da Economía Local e potenciación dun Plan de Emprego, que incluiría á Administración Local.
  2. Establecer e fomentar estratexias de fomento e promoción do Comercio e Turismo Locais, este último incluído dentro das estratexias que se poidan desenvolver dende a Área Metropolitana e dende a Reserva da Biosfera.
  3. Por en marcha políticas para a mocidade, que milloren a súa capacitación e nivel de autoemprego ou de emprego.
  4. Apostar pola posta en funcionamento da Área Metropolitana como motor da coordinación e cooperación no desenvolvemento sostible e da mobilidade sustentable.
  5. O compromiso do funcionamento dos órganos de participación xa existentes, millorar a información pública e reforzar a transparencia municipal.
  6. Realizar un plan de mobilidade.
  7. Elaborar un estudo, durante todo o exercizo, para a política de ordenanzas fiscais e contribucións especiais con fin de optimizar ao máximo os rendementos do Concello.
  8. Pactar os Orzamentos municipais, Plan Provincial de 2018 e o Plan DUSI.

This slideshow requires JavaScript.

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s