Intervención do Voceiro da Marea Veciñal no pleno para a aprobación dos Orzamentos do 2018

Durante a intervención no pleno José Juan Santos, Voceiro da Marea Veciñal, explicou que o condicionante posto pola Marea Veciñal de reducir a débeda acumulada en anos anteriores para aprobar os orzamentos nos exercicios 2016 e 2017 se cumpriu, o que permite adicar agora ese aforro a mellorar a prestación dos servizos básicos a ciudadanía. Aínda que se siga impoñendo un obxectivo de déficit dende Madrid, este non pode seguir condicionando que se faga fronte as necesidades da veciñanza.

Tamén explicou que unha das propostas realizadas de cara a estes orzamentos foi a realización dunha auditoría dos servizos que se están a prestar polo concello sen contrato, como son a xestión da auga e a limpeza viaria, para así optimizar os ingresos, entendendo este como un paso fundamental de cara a aumentar as prestacións básicas para a veciñanza.

Estarase ademáis vixiante para que o goberno local realice o esforzo de buscar prezos máis ventaxosos en partidas coma os seguros, mantemento de bens, enerxía eléctrica, comunicacións, ou na xestión do mantemento da rede viaria, cuestións nas que se podería obter moito aforro.

Son moitas as propostas feitas pola Marea Veciñal para estes orzamentos, como potenciar as enerxías renovables, achegar as novas tecnoloxías ao rural ou subvencionar a rehabilitación de inmobles para a instalación de ascensores nos edificios antigos, a construcción de sendas peonís para comunicar as parroquias do rural coas urbanas, e a implantación dun servizo de transporte a demanda, así como propostas de conservación do viario, saneamento e abastecemento de auga, ou a renovación e ampliación de parques infantís, entre outras.

O noso Voceiro expuxo ademáis que se o orzamento fose realizado exclusivamente pola Marea Veciñal, a pesar de coincidir en incrementar as prestacións de servizos básicos á cidadanía e benestar social, tería incrementado as partidas que reflictisen no comercio, turismo e xuventude deste concello.

Intervención completa Orzamentos 2018

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s