Marea Veciñal non coincide coa posición da exconcelleira do PSOE Alicia Ferreiro, actualmente en Alternativa dos Veciños.

No pleno de onte, Alternativa dos Veciños presentou unha moción a favor da nova publicación do novo PXOM de Culleredo, en actual tramitación. Marea Veciñal abstivose ante esa moción porque para querer un novo período de exposición pública deste PXOM, primeiro hai que estar de acordo co contido do mesmo, e a nosa opinión ao respecto xa foi publicada na nosa web hai meses: A Marea Veciñal invita o goberno municipal do PSOE a negociar o modelo de Ordenación Urbana de Culleredo.
Estamos ante un proxecto de plan xeral que non foi consensuado con ningún grupo municipal da oposición, e iso, tendo en conta que o actual goberno do PSOE en Culleredo non ten a maioría absoluta, é unha temeridade, sobre todo ante algo tan serio como a ordenación urbana do que poden ser os próximos 20 anos.
Entendemos que Alicia Ferreiro non se opoña a un PXOM cuxa aprobación inicial apoiou xunto co resto do sua anterior equipa de goberno do PSOE e o extinto grupo municipal de APDC, pero a nosa visión sobre esta cuestión non coincide coa súa.
Nos entendemos que o que ten que facer o actual Goberno é buscar consensos sobre os contidos do mesmo. Cuestións como a planificación dunhas vias de transporte sustentables ou un crecemento urbanístico ordenado e consecuente con este plan de mobilidade son imprescindibles cara o futuro e crecemento deste concello.
Por isto, entendendo que estas modificacións obrigarían no seu momento a unha nova exposición pública, a nosa posición non pode coincidir coa da exconcelleira do PSOE Alicia Ferreiro Varela e o grupo municipal Alternativa dos Veciños de Culleredo, xa que retrasan aínda máis unha tramitación consensuada do futuro Plan Xeral, tan necesario para este Concello.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s