A falla de proxecto educativo en Culleredo discrimina 5 rapaces do CEIP Sofía Casanova e 8 do Isaac Díaz Pardo.

A Marea Veciñal reuniuse cos pais afectados pola adxudicación de prazas no IES Rego de Trabe, pola cal 5 rapaces do CEIP Sofía Casanova e 8 do CEIP Isaac Díaz Pardo quedarán fóra do instituto que lles correspondía, un instituto que se inaugurou hai dous anos coa promesa de dar cabida a todos os rapaces destes dous colexios, aprobando 2 liñas de primeiro de ESO para cada un deles.

Os pais denuncian que a reducción de 4 liñas a 3 sen previo aviso deixa unha minoría de nenos fóra, mentres quedarán aulas con menos de 10 alumnos en primeiro de bacherelato.

Tamén denuncian que o número de rapaces que non fóron admitidos coincide co número de repetidores, que non poden computar a efectos de admisión.

Marea Veciñal considera que afastar a tan poucos rapaces dos seus compañeiros con 12 anos é unha discriminación para eles, máis aínda cando este mércores está prevista a visita dos rapaces aceptados do CEIP Sofía Casanova ao seu novo instituto, ao cal non poderán asistir 5 deles, feito que agrava a situación e para a cal os pais dos nenos afectados exixen solucións mediante recollidas de firmas, pancartas e presentación de escritos dirixidos a Inspección Educativa.

A inexistencia de proxecto educativo neste concello evidenciase aínda máis coa inauguración dun CEIP novo para unha única aula de infantil, un colexio que estará practicamente valeiro, mentres se reparte bacherelato entre dous institutos, sen cubrir todas as especialidades, e con aulas a medio encher.

A Marea Veciñal denuncia que o problema,  polo cal as autoridades competentes non demostran moito interés, ampliarase a medio prazo, cando dentro de dous cursos coincidan as 3 aulas do CEIP Sofía Casanova coma as do Isaac Diaz Pardo en primeiro de ESO.

Marea Veciñal, tras reunirse cos pais dos nenos afectados, reclama que se admita a estes rapaces no IES Rego de Trabe para o próximo curso, así como que se busque un proxecto educativo a medio prazo para dar solucións de futuro.

Marea Veciñal animará tamén aos pais afectados a solicitar unha reunión coa Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polas irregularidades na reducción de aulas en primero de ESO en base a una petición da actual Anpa do Rego de Trabe.

Esta Dirección Xeral é a única que pode tomar decisións desta índole, pero nunca ao marxe da planificación educativa, e sempre avaladas por un estudo técnico que o aconselle, nunca en base exclusivamente ás peticións dos pais dos actuais alumnos.

Ante a inexistencia da publicación do número de vacantes previa ao periodo de matrícula, que é obligatorio, non se sabe cando se reduciu este número de aulas, e non se informou sobre o tema aos pais que presentaron a súa matrícula. Este feito impediulles solicitar outro instituto como segunda opción en lugar do Blanco Amor, ao cal a Xunta oblígalles ir agora aínda que non queiran.

Por todos estés fritos, Marea Veciñal solicitaralle a En Marea que pregunte sobre o tema no Parlamento, xa que non é unha competencia municipal.

Para a Marea Veciñal non son suficientes os argumentos dados pola Consellería de Educación afirmando que todos os rapaces quedarán escolarizados e que foron seleccionados segundo os baremos establecidos, dado que o contrario sería unha ilegalidade. Seguimos observando irregularidades na situación, e unha discriminación polo número dos alumnos que se separan dos seus compañeiros, polo que seguiremos exixindo que sean admitidos no Rego de Trabe, mentres se analiza a situación en materia de educación no Concello de Culleredo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s