O PP rexeita as propostas de En Marea solicitadas pola Marea Veciñal para conseguir unha ensinanza de calidade en Culleredo.

A Marea Veciñal levou o Martes a situación educativa de Culleredo ao parlamento a través de En Marea, en forma dunha proposición non de lei (Páxina 25) presentada na comisión de educación polas deputadas Anxeles Cuña e Luca Chao.
Estas peticións partían da situación educativa na que se atopa actualmente o Concello de Culleredo, onde se acumulan varias situacións sen sentido no ámbito educativo, coma que quedara o instituto Rego de Trabe, con tan só dous anos de antigüidade, sen capacidade para os alumnos dos centros adscritos para primeiro de ESO, dándolle prioridade a ensinanza non obligatoria de Bacherelato, mentres que para darlle cabida aos alumnos que quedaron excluídos se masificará o anterior instituto, o Blanco Amor, facendo obras para crear dúas aulas, pasando a ter 5 aulas en primeiro de ESO.
Esta situación se verá agravada nos vindeiros cursos onde haberá unha demanda de plazas para primeiro de ESO moito maior que a de este ano. Esta falta de aulas nos centros resulta máis chamativa no momento no que se vai a abrir un novo centro de primaria con tan so 50 alumnos.
Na proposición presentada na comisión do parlamento pedíase dar a opción aos 12 alumnos de colexios adscritos a matricularse no centro que lles correspondía, o Rego de Trabe, incrementar este a liña 4 para absorver a demanda de alumnado dos centros adscritos para os próximos anos, elaborar un mapa de zonificación escolar do Concello de Culleredo realista coas necesidades, e en conxunto, dispoñer de unha oferta escolar pública, gratuita e de calidade.
A proposta a pesares de ter o apoio do BNG e PSdG, foi rexeitada de plano polo Partido Popular, deixando de novo á comunidade escolar deste concello desatendida.
Xuntamosvos a orde do día desta comisión e neste enlace poderedes ver o momento no que o PP rexeita a proposición das deputadas de En Marea.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s