A Marea Veciñal pediu ao comezo desta lexislatura que o Concello de Culleredo procedese á execución subsidiaria da limpeza e tala das árbores das leiras, nas cales os seus propietarios non o teñan feito, tal e como establece a lei de prevención de incendios forestais de Galicia, así como a ordenanza municipal reguladora da limpeza de terreos, que establece a limpeza de leiras lindeiras con vivendas ou cercanas aos núcleos de poboación.
Aínda que esta é unha responsabilidade dos propietarios, a Marea Veciñal pediu que naqueles onde non se faga sexa o Concello de forma subsidiaria o que o faga, xa que o máis importante é a seguridade da veciñanza de Culleredo, evitando incendios.
Inicialmente non se nos fixo caso con esta proposta, pero alegramonos de que agora, tres anos despois, se nos comece a ter en conta, tras enterarnos de que se estiveron a acometer limpezas en fincas privadas. Esperamos que esto se continúe a facer, xa que a seguridade da nosa veciñanza é unha prioridade para nos.