Estratexia DUSI – Culleredo Vivo

80fa5a34-7e4f-40f0-8d03-e73ef90176bcNo marco do programa FEDER (Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional) e a convocatoria de axudas para o período 2014-2020 destinadas a financiar medidas integradas de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI) nos concellos e cidades, a Marea Veciñal presentou fai 3 anos unha serie de propostas que fóron incluídas no proxecto final de solicitude.

 
Gracias ás propostas que a Marea Veciñal presentou fai tres anos sobre a alfabetización cultural e dixital, implantación de sistemas de transporte público sostible, construción de sendas fluviais nos ríos Valiñas e Trabe, benestar social e a millora da eficiencia enerxética, a Estratexia presentada polo Concello de Culleredo foi escollida como obxecto de financiamento dos fondos FEDER para executar operacións de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado.

 
Dado que a cantidade concedida foi menor da que se podía chegar a acadar, non se poderá executar na súa totalidade, pero entre os proxectos que se levarán a cabo atópase, entre outros, a construcción de sendas fluviais nos ríos Valiñas e Trabe, que segundo a nosa proposta consistía no seguinte:

OT6: Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficencia dos recursos.

Nela inclúese a seguinte acción e as propostas de mellora para acadala:

ACCIÓN Nº 1: INTEGRADA NA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE INTEGRADO DO CONCELLO DE CULLEREDO: CREACIÓN DUN SISTEMA DE CORREDORES FLUVIAIS NOS RIOS VALIÑAS E TRABE, QUE CONECTE O RURAL COA CIDADE.

Exposición de motivos.

As sendas verdes e camiños seguros supoñen unha mellora cualitativa e cuantitativa na calidade de vida das persoas, ao estimular o exercicio físico na natureza e promover a cultura sa de coidado e respecto polo medio ambiente, contribuíndo á redución das emisións de CO2.

Problemática específica en Culleredo.

A localización nas aforas da cidade provocou o deterioro paulatino do entorno natural, deformado e modificado de forma brusca pola planificación de redes viarias de conexión de gran capacidade, que dificultan o desprazamento por medios alternativos. esta situación agrávase con verteduras incontroladas no río, a destrución de fontes e camiños e o deterioro por abandono dos muíños tradicionais.

Como resultado da acción humana, o concello de Culleredo carece de zonas seguras de paseo e circulación en bicicleta, co conseguinte afastamento da zona rural da vida do resto do concello, deterioro da saúde, da calidade de vida e do medio ambiente natural, ao quedar abandonado por imposibilidade de uso. As deficiencias no transporte público na zona rural agravan máis a situación de deterioro e illamento.

Propostas de mellora.

  1. Sistema de Corredores Fluviais nos ríos Valiñas e Trabe, incluíndo sendas peonís e carrilbici, conectando cos xa existentes e ligando os distintos puntos de interese patrimonial.
  2. Recuperar os muíños aparecidos no alto de Celas, reacondicionar os xa rehabilitados e continuara a senda verde até a ria do Burgo, que funcione á vez como carril-bici que ligue o rural coa zona urbana, completado coa instalación de puntos para deixar de forma segura bicicletas que posibiliten a conexión co transporte público.
  3. Aproveitar a biomasa da retirada de residuos da senda para fornecer os edificios públicos con ese sistema de calefacción.
  4. Incorporar na información turística do concello a senda, como promoción do turismo natural e de calidade, que achegue Culleredo aos concellos da comarca.

Expoñemos neste documento todas as actuacións propostas pola Marea Veciñal para o desenvolvemento da Estratexia DUSI que presentou o Concello de Culleredo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s