Hoxe luns, a Marea Veciñal organizou unha xuntanza aberta na parroquia de Sueiro co obxectivo de escoitar as queixas e suxestións da veciñanza.

De entre todos os puntos que se falaron destacamos os seguintes:
- O mal estado das estradas que comunican á parroquia e tamén das que comunican Sueiro con outras parroquias contiguas.
- O olvido que sofre o rural fronte os núcleos urbanos e que fai que os veciños e veciñas de parroquias como a de Sueiro síntanse cidadanía de segunda clase.
- A necesidade de dispoñer dos servizos básicos en todas as parroquias cullerdenses, coma por exemplo unha rede eléctrica axeitada coa capacidade suficiente para acadar o estado de benestar e xerar o desenvolvemento do rural.