O comercio de proximidade xera emprego, vertebra o concello, e permite o abastecemento das persoas con reducida mobilidade. Por iso é preciso contar cos comerciantes e as súas asociacións ademais de establecer actuacións tales como as peatonalizacións dalgunhas rúas, a regulación do estacionamento ou a elaboración dunha normativa de carga e descarga.
A promoción do comercio de proximidade é un elemento estratéxico da nosa política, polo que dende a Marea Veciñal apostamos polo comercio de proximidade, un sector económico castigado, que require do compromiso do Concello.
A acción local que propoñemos dirixirase a mellorar a súa competitividade creando un plan de comercio local, traballando na fidelización de clientes así como reforzando a imaxe e atractivo dás zonas comerciais.
Así mesmo promocionaremos e colaboraremos nas “Feiras Outlet” con empresas do municipio, dotándoas de espazos concretos e publicidade, á vez que fomentaremos acordos de colaboración para potenciar a contratación de persoas para a subministración dos pedidos a domicilio.