A nosa proposta de transporte público

A nosa proposta de transporte público basease en tres proxectos complementarios: 

O transporte público sostible foi sempre unha das nosas principais preocupacións, por iso no ano 2016 propuximos para o proxecto con financiación europea DUSI implantar un sistema de transporte ecolóxico que conectase todo o municipio, con un sistema baixo demanda, que se puidese solicitar a través dunha aplicación movil. O proxecto sempre estivo publicado na nosa web, e o podedes consultar neste enlace:  http://www.mareaveciñal.gal/culleredo-vivo/transporte-publico-sostible.



Queremos Impulsar a liña de ferrocarril das Mariñas, que pasa polo Burgo, como como tren de proximidade: Este é un punto fundamental para mellorar o transporte de proximidade coa Coruña. Sería imprescindible mellorar o aparcadoiro actual, e reforzalo, para elo proporíanse os terreos limítrofes ao apeadoiro cara o lado do paseo marítimo, habilitando unha entrada peoníl dende eles. Este aparcadoiro daría servizo á sua vez aos posibles servizos a implantar no paseo marítimo, tamén como proposta nosa. 



A segunda fase para a vertebración do transporte no noso concello é a creación dunha estación intermodal de autobuses na zona de Alvedro, con un aparcadoiro disuasorio. Esta estación intermodal conectaría mediante transporte público toda a comarca, e daría un mellor servizo ao noso concello. Os futuros proxectos de interconexión coa AP9 como o Vial 18 deberían vertebrarse en función desta estación intermodal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s