A nosa proposta para novas zonas de desfrute acuático no paseo marítimo do Burgo

A contaminación da ría do Burgo non permite que as súas augas sexan aptas para o baño, pero para o noso concello é o punto de conexión co mar. Por elo propoñemos que se realicen tres tipos de instalacións de desfrute acuático ao longo do paseo marítimo para así poder refrescarse no verán, ou coidarse o resto do ano.

Unha zona de chorros de auga, que se integren co entorno, de maneira que poidan estar en funcionamento en calquera época do ano sen necesidade dun vixiante, con acceso libre. Servirían para refrescar do calor aos máis pequenos e maiores, pero os seus xogos permitirían tamén axudar a desenvolver as capacidades dos nenos, con situacións causa efecto, que fomentan o desenvolvemento cognitivo e a psicomotricidade. 



A segunda instalación trataríase de unhas piscinas termais, estilo as termas de ourense, utilizando enerxías renovables para quentar a auga, como a enerxía xeotérmica, e un sistema de aproveitamento da auga de choiva e de filtrado da mesma para que sexan sostibles. Esta zona contaría tamén con vestiarios e unha zona de restauración, para a que podería utilizarse a actual estrutura de pedra xa feita no paseo marítimo. Estas instalacións poderían estar abertas todo o ano, con acceso libre, exceptuando rapaces menores de 4 anos por seguridade.



A terceira instalación trataríase dunhas piscinas municipais, coas que non contamos neste concello, que poderían contar con tobogáns ou diferentes zonas de baño. Existe moita explanada libre entre o xardín botánico e a lagoa que podería servir para esta instalación. Estas piscinas abrirían en período de verán, e tería un control de acceso e socorristas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s