A finalidade da xestión municipal debe ser a mellora da calidade de vida dos habitantes do Concello, e o exercicio pleno dos seus dereitos, lográndose mediante o incremento da calidade na cobertura dos servizos e a creación de condicións favorables para fortalecer tanto o capital humano como social do Concello.
A Marea Veciñal aposta por un modelo de concello baseado nos servizos públicos de calidade así como pola mellora da eficacia e a eficiencia na xestión dos servizos públicos.
Para acadar estes obxectivos, revisaremos todos os contratos municipais, asegurándonos do seu cumprimento. Á vez que actualizaremos os impostos e taxas municipais, co obxectivo de reducir a carga tributaria da veciñanza, e establecer unha política fiscal, equitativa e progresiva. Así mesmo desenvolveremos un Plan Integral Urxente que poña en valor o municipio, rehabilitando beirarrúas, parques infantís, xardíns, sinalización. E impulsaremos a creación dun Servizo polo que a veciñanza porá comunicar as deficiencias na rúa dende o súa casa actuándose nun máximo de 48 horas.