A cultura sempre xoga un papel fundamental nunha sociedade viva porque é a principal vía de comunicación transxeneracional. É o patrimonio común máis importante que temos e a forma en que as xeracións pasadas se comunican con nós e na que nós nos comunicamos coas xeracións futuras. Por iso é tan importante: porque a través da cultura seremos capaces de vertebrar unha sociedade próspera e dinámica. Por iso a cultura acaba converténdose en fonte de riqueza e sostén da democracia e dos dereitos. O concello, como administración máis próxima á cidadanía, ten que ser quen de manter ese fluxo de comunicación e incentivalo.