Mari Carmen Vázquez, candidata de Marea Veciñal por Culleredo – Os servizos sociais

A nosa principal ambición é ser un concello libre de pobreza. Cremos que a pobreza non é algo estrutural nunha sociedade como a nosa, senón que é un problema político con solución política. Só necesita que se asuma a existencia do problema como tal e actuar en consecuencia: adicando os recursos necesarios para ir á raíz do problema.

Quen máis a sofre son os nenos, os anciáns, os excluídos sociais….Porque a longo prazo a pobreza fai que unha sociedade retroceda.

Por ese motivo para a Marea Veciñal e unha prioridade absoluta a súa eliminación, porque só investindo é posible romper o ciclo da pobreza.

Por iso con ese obxectivo:

  • Fomentaremos a colaboración entre o Concello e as grandes cadeas de supermercados con implantación no noso municipio, para achegar recursos alimenticios para os máis desfavorecidos.
  • Estableceremos axudas ás familias numerosas reducindo impostos e taxas, e negociaremos convenios con empresas locais para a aplicación de bonificacións.
  • Impulsaremos a construción dunha residencia de estancias curtas para persoas dependentes, coa finalidade de aliviar aos familiares que os coidan.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s