A actividade turística é unha fonte de riqueza, vinculada estreitamente á actividade económica, á xeración de emprego e ao desenvolvemento social do municipio.
A participación da cidadanía, empresas e comercios nas políticas turísticas do municipio, é unha peza fundamental para xerar destinos turísticos sólidos.
Dende a Marea Veciñal, impulsaremos plans turísticos integrais que incidan na creación e reforma de infraestruturas turísticas, na seguridade das persoas que nos visiten e na prestación de servizos públicos de calidade dirixidos ao turista.
Co obxecto de dar cumprimento a estas finalidades promoveremos, a apertura dun Centro Integral de Turismo para a dar a coñecer o territorio de Culleredo e a súa historia costumes e tradicións.
Fomentaremos o turismo rural, promovendo a creación de infraestruturas turísticas sostibles vinculadas a valores medioambientais, asesorando e facilitando os tramites administrativos para a concesión de licenzas, á vez que potenciaremos a implantación dun cámping municipal, para así dinamizar e potenciar as riquezas naturais da zona rural do noso concello.