Presentación

Cada vez somos máis as persoas que queremos mudar as cousas, que queremos facer deste concello, Culleredo, un lugar mellor no que pague a pena vivir, no que as nosas fillas e fillos teñan futuro e no que a xente conte, de verdade, coa palabra e coa decisión.
Queremos dotarnos das ferramentas necesarias para combater a desigualdade e para construír un Culleredo diferente. Porque o merecemos e porque o imaxinamos doutro xeito.
Necesitamos un espazo de confluencia, no que caibamos todas e todos, arredor dun desexo común: acabar coas políticas ditadas polas elites e polo poder económico, tamén no ámbito municipal, poñendo o concello ao servizo da veciñanza.

Advertisements