Plan Culleredo Vivo

Boa parte das ideas que se integran nesta iniciativa de Desenvolvemento Urbano Sostible, cofinanciada con fondos europeos FEDER, foron elaboradas pola Marea Veciñal de Culleredo.

 

feder

Fondos FEDER

Os FEDER son os Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional. Trátase dun instrumento da Comisión Europea que ten o obxectivo de corrixir os desequilibrios rexionales e para promover e incentivar o desenvolvemento económico nas rexións máis deprimidas da Unión Europea. Son fondos que xestionan e reparten as administracións rexionais; e, neste caso a responsabilidade é da Deputación da Coruña.

 

 

A Marea Veciñal de Culleredo fixo varias propostas sobre a alfabetización cultural e dixital, implantación de sistemas transporte público sostible, construción de sendas fluviais nos ríos Valiñas e Trabe, benestar social e a millora da eficiencia enerxética.

En relación á alfabetización dixital, crearase unha rede de puntos de acceso dixital en todo o territorio cullerdense. O obxectivo é facilitar o acceso da cidadanía a contidos a través de equipos informáticos. Tamén, nesta liña, promoveranse accións encamiñadas a reducir a fenda dixital.  Con isto tamén se pretende achegar a administración electrónica á cidadanía, polo que se desenvolverá unha plataforma de apliacións para resolver trámites.

 

En segundo lugar, mellorarase o transporte público, facéndoo sostible, eficiente e ecolóxico. Atenderase a histórica demanda das parroquias menos poboadas, establecendo fórmulas de transporte colectivo baixo demanda.

 

 

Facilitarase unha rede urbana fluvial sostible, cun sistema de corredores arredor dos ríos Trabe e Valiñas, que conecten o núcleo urbano de Culleredo con puntos de interese turístico, patrimonial e natural.

 

 

 

 

 

O plan CulleredoVivo tamén inclúe iniciativas para descontaminar os antigos terreos da Cros, a posta en valor do patrimonio cultural e natural (como o monte Xalo) ou a humanización da N-550 (Vilaboa).

Advertisements