Alfabetización cultural e dixital

A “fenda dixital” é un concepto que cuantifica a distancia entre os grupos de poboación e persoas que empregan de xeito habitual a tecnoloxía e aquelas outras persoas e grupos sociais que non teñen acceso ás novas tecnoloxías da información e non serían capaces de adaptarense aos novos hábitos de vida xurdidos ao seu redor. Tanto as administracións como as empresas privadas vanse incorporando aos poucos a ese estilo de vida dixital e as persoas que non foron alfabetizadas dixitalmente quedan á marxe da sociedade tecnolóxica, excluidos.

En Culleredo, os equipos informáticos e bibliotecas están situados na zona urbana. Os habitantes das parroquias rurais non teñen acceso a eses servizos a non ser que se despracen (e volveríamos a entrar no problema do transporte) ou decidan pagalo do seu peto. Ademáis, nesta zona vive xente de maior idade e, normalmente, con pouca cultura dixital. É necesario impulsar a formación das persoas deste perfil social, e facilitarlles o acceso ás tecnoloxías, que lles poden ser útiles para diversos trámites.

Propoñemos que os centros sociais das diferentes parroquias se transformen en centros socio-culturais e tecnolóxicos e que se habilite neles unha sala para o seu uso como biblioteca, con  ordenadores con acceso internet, wifi para todo o local e que se implementen actividades formativas para a súa correcta utilización.

Advertisements