Benestar social

Mapa de exclusión social

A prevención é unha ferramenta básica para o traballo dos servizos sociais. Debido a situacións non previstas, como consecuencia da crise económica, o maltreito Estado de Benestar non é quen de dar resposta a todas as emerxencias que así o requerirían.

O primeiro paso para un diagnóstico eficaz é a segmentación e a organización da sociedade. Son necesarios indicadores demográficos, indicadores económico-laborais, indicadores residenciais, indicadores educativos e culturais e indicadores socio-sanitarios. Para isto, requírese elaborar un mapa de indicadores da situación social do concello, mapa de servizos do concello (que nos permita identificar as carencias e potencialidades) e un mapa de organizacións civís colaboradoras, asociacións diversas que poden servir de ponte entre as persoas con necesidades e os organismos públicos de axuda.

Instalacións de benestar social

Os cambios na configuración das familias e a crise económica e social dos últimos anos puxeron de relevo a necesidade de proveer dunha base física aos servizos municipais. É por isto que propoñemos a creación dun fondo patrimonial que sirva para atender as necesidades e demandas da cidadanía.

A Marea quere dotar o Concello de Culleredo dunhas instalacións de titularidade municipal que terían usos múltiples, por exemplo: residencia pública de estancias curtas, que permita a recuperación de persoas doentes ou dependentes, centro de día na parte baixa do edificio, servizo de canguraxe de emerxencia, espazo para establecemento dun Banco Ortopédico Municipal que facilite o acceso ao material ortoprotésico ás persoas con menores recursos, crear un comedor social que poda cubrir as posibles necesidades de cociña (residencial, xantar a domicilio, comedores escolares que o demanden etc.). O edificio, de titularidade do Concello de Culleredo, sería xestionado por unha empresa pública municipal creada para tal fin, ou outra figura xurídica pero sempre mantendo tanto o edificio como os diversos servizos que nel que ofertaran como PÚBLICOS.

Advertisements