Roteiros Verdes

A urbanización do concello nas últimas décadas propiciou o deterioro do medio ambiente da zona. Os roteiros verdes teñen varios beneficios, entre eles estaría a mellora da calidade de vida dos cidadáns, xa que estarían motivados para o exercicio físico; e ademais, promovería a cultura ecolóxica e o respecto polo entorno.

Para acadar eses obxectivos, as propostas da Marea son:

  • A creación dun sistema de Corredores Fluviais nos ríos Valiñas e Trabe. incluíndo sendas peonís e carril-bici, conectando cos xa existentes e ligando os distintos puntos de interese patrimonial.
  • A recuperación dos muíños aparecidos no alto de Celas e o reacondicionamento dos xa rehabilitados ademáis da continuación da senda verde até a ria do Burgo.
  • O aproveitameno da biomasa da retirada de residuos da senda para fornecer os edificios públicos con ese sistema de calefacción.
  • A incorporación na información turística do concello da senda, como promoción do turismo natural e de calidade.
Advertisements