Transporte público sostible

20150501_0873-1024x683Un dos maiores déficits de servizos en Culleredo está na re
de de transporte público. Vivimos nun municipio limítrofe
cunha grande cidade, o que provoca constantes desprazamentos, sobre todo por cuestións laborais e comerciais. Alén disto, o noso é un concello heteroxéneo, xa que o norte e urbano e o sur e maiormente rural e cunha poboación dispersa.

Actualmente as liñas de autobús non dan verdadeiro servizo aos habitantes das parroquias do rural, así que vense obrigados a depender dun coche particular ou doutras persoas. Isto supón a multiplicación do tráfico e o crecemento da contaminación.

A solución proposta pola Marea conta con tres piares fundamentais.

  • En primeiro lugar, habería que optimizar os autobuses de competencia municipal para poder coordinalos cos de ámbito supramunicipal.
  • En segundo lugar, propoñemos o establecemento de rutas de autobuses polos corredores principais. Para os desvíos desta ruta principal habería que habilitar un sistema de paradas a demanda mediante códigos QR ou envío de SMS. O condutor recibirá a resposta no cadro de mandos do autobús indicándolle o desvío da ruta principal para recoller a pasaxeiros na parada indicada. Este sistema xa está sendo implantado en outros concellos con resultados moi satisfactorios, xa que permite reducir os tempos de desprazamento así como os gastos e as emisións.
  • Por último, en terceiro lugar, é imprescindible conseguir un transporte o máis ecolóxico posible, polo que pedimos que se incentive ás empresas concesionarias polo uso de combustibles con baixas emisións.transporteSostible

 

Ver documento adxunto