A Marea Veciñal ten unha serie de propostas programáticas que poderedes consultar no folleto informativo que estamos a distribuir durante esta campaña. Aínda que temos moitos máis proxectos interesantes que iremos publicitando nos próximos dias, estas son as medidas máis urxentes que queremos que coñezades:
Rehabilitación do Municipio:
Desenvolveremos un plan integral urxente que poña en valor o municipio, rehabilitando beirarrúas, parques infantís, xardíns, etc.
Acordos coas empresas:
Potenciaremos a contratación de persoas de Culleredo, adoptando acordos coas empresas do noso concello.
Familias numerosas:
Estableceremos axudas ás familias numerosas reducindo impostos e taxas, e negociaremos convenios con empresas locais para a aplicación de bonificacións.
Plan de comercio local:
Crearemos un plan de comercio local, traballando na fidelización de clientes, así como reforzando a imaxe e atractivo das zonas comerciais.
Transporte público:
Promoveremos a construción dunha estación intermodal, así como dous aparcadoiros disuasorios que permitirán a conexión cuns servizos de transporte de alta capacidade para favorecer os desprazamentos.
Seguridade viaria:
Revisaremos e actualizaremos de maneira inmediata a sinalización e luminarias de todo o concello con especial interese nas zonas do rural, e con sistemas de eficiencia enerxética.
Becas a estudantes:
Crearemos un programa de becas para estudantes e facilitaremos a tramitación de becas doutras administracións.
Oficina de turismo:
Abriremos un Centro Integral de Turismo para a dar a coñecer e por en valor o territorio de Culleredo e a súa historia, costumes e tradicións.
Organización educativa:
Seguiremos traballando para conseguir a revisión do mapa educativo do concello, que leve a unha mellor distribución dos centros educativos e evite as improvisacións habituais en cada curso escolar.
Apoio á conciliación:
Crearemos comedores atendidos. O centro de estancias curtas favorecerá a conciliación a familias con persoas dependentes. Poremos en marcha outras medidas en colaboración coas asociaciñons veciñais, como as casas niño.